3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Encontro Diocesano de Familias

Encontro Diocesano de Familias

O vindeiro sábado, 24 de setembro, ás 11:30 horas, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo organiza un Encontro Diocesano de Familias no Monte Aloia —en caso de choiva, o encontro será trasladado ao Seminario Menor de Tui—, para compartir un intre fraterno con familias de diferentes puntos do territorio eclesial da diocese. As familias interesadas en participar neste encontro poden inscribirse a través do correo electrónico: pfamiliar@diocesetuivigo.org. Desde a delegación diocesana tamén lembran que cada persoa deberá levar a súa comida e a súa bebida.

Con este Encontro, a Pastoral Familiar busca impulsar o traballo pastoral que se desenvolverá ao longo deste próximo curso que está a comezar,  que vén marcado pola  experiencia recente do «Ano Familia Amoris Laetitia», que o papa Francisco convocou en setembro de 2020 e que se clausurou este pasado mes de xuño durante o Encontro Mundial das Familias en Roma, ao que asistiu un pequeno grupo de representantes da diocese de Tui-Vigo que, baixo o lema «O amor familiar: vocación e camiño de santidade» tivo a oportunidade de reflexionar sobre a familia, a súa identidade e misión, ou o acompañamento nos primeiros anos do matrimonio. 

Desde a delegación de Pastoral Familiar, insisten en que, aínda que a iniciativa convocada polo Santo Pai finalizase, a Pastoral Familiar debe continuar explorando os froitos desta experiencia de Iglesia universal, buscando novas formas para visibilizar e afianzar a beleza da vocación matrimonial no seo da vida cristiá e da sociedade actual.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp