3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Rubén de Lis, o gondomareño que pasou «do bar ao altar»

Rubén de Lis, o gondomareño que pasou «do bar ao altar»
Foto: Rubén de Lis, junto a su esposa, muestra un ejemplar de su primer libro.

O músico católico nado en Gondomar, Rubén de Lis, acaba de auto-publicar o seu primeiro libro Do bar ao Altar. Unha historia de fe e superación, no que recolle o seu testemuño de conversión, grazas ao apoio do público que, desde o inicio da súa carreira como «guitarrista de Deus» —tal e como el defínese—, quixo coñecer a súa historia de fe. O libro pode atoparse en plataformas dixitais como Amazon.

A pandemia ofreceulle a oportunidade para poñerse ao choio e materializar este proxecto: «empecei a contar a historia desde chavalote, todo o que vivín por iso titúlase Do bar ao Altar. Unha historia de fe e superación. Pero non só é a miña historia, porque a partir de aí comecei un traballo de desenvolvemento persoal e iniciei lle movemento TPC —Todo pódoo en Cristo— co que vou dar charlas a coles e institutos». Ademais do seu testemuño, o libro inclúe formación, poesías, letras e mesmo fotografías da infancia deste músico católico, pensando sobre todo naqueles mozos que non senten unha gran atracción pola lectura para que «non sexa como unha enchente, para que o vaian comendo a bocaditos».

«A idea nace do interese do público» explica Rubén de Lis que durante moito tempo escoitou como lle solicitaban «poderías contar a túa historia a través dun libro». Para Rubén de Lis, que conta cun total de 17 discos publicados, o proceso de creación deste libro supuxo «un desafío, un reto, o que pasa é que gocei moito co proceso e estou a aprender moito. É o primeiro, pero espero que non o último».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp