3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

As xentes do Mar reúnense en Panxón para continuar mirando cara a adiante

As xentes do Mar reúnense en Panxón para continuar mirando cara a adiante
Rosa Quintana, Conselleira do Mar de la Xunta de Galicia, realizó la Ofranda a la Virgen.

Como cada ano, o sábado anterior á festividade da Virxe do Carmen, as Xentes do Mar reuníronse no Templo Votivo do Mar de Panxón para honrar á súa patroa e pedir a súa protección para todas as familias que viven do sector do mar. Durante toda a celebración presidida polo bispo de Tui-Vigo e promotor de Stella Maris en España, Mons. Luís Quinteiro, estiveron moi presentes todas aquelas persoas que sufriron, e sofren, os avatares do mar, especialmente, todas aquelas familias que padecen as consecuencias do naufraxio do Villa de Pitanxo.

Nesta ocasión, a encargada de realizar a Ofrenda do Mar foi Rosa Quintana, Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, que expresou que “son tempos difíciles nos que o noso modo de vida viuse truncado, pero debemos de ser capaces de mirar cara a adiante; debémosllo a eles —aos mariñeiros que partiron das nosas costas e non volveron— e ás súas familias”.

Escoita a Ofrenda completa

Mons. Luís Quinteiro convidou a todos os alí reunidos a sentir o misterio do mar porque “o mar é promesa, pero tamén o mar é sempre saber que temos un interrogante diante de nós”. Neste sentido, o prelado de Tui-Vigo manifestou que a natureza, expresada no libro dos Salmos, é un camiño para atopar a presenza do Deus, o misterio e don da vida que corremos o risco de esquecer pensando que se pode controlar todo cando a vida, en si mesma, é misterio.  

Ao termo da misa, houbo un momento de adoración eucarística, previa á bendición dos mares desde o exterior do Templo Votivo. Con emoción e agarimo, tras a bendición, cantouse sálvea Mariñeira en honra á Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, Estrela dos Mariñeiros que acolleu as súplicas do pobo mariñeiro, onte, en Panxón.

Ofrenda del Mar de Panxón 2022 | © Diocese de Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la eucaristía en el Templo Votivo del Mar de Panxón.
« de 62 »

Orixe da Ofrenda do Mar

Foi no ano 1939, cando o Templo Votivo de Panxón celebrou por vez primeira a Ofrenda do Mar que, ademais de ser unha homenaxe das mariñas — a armada, a mercante, a frota pesqueira e a deportiva — á Virxe, converteuse nunha oportunidade para revalorizar o papel dos mariños e visibilizar os graves problemas que afectan as súas vidas e familias. A Igrexa universal reforza a conmemoración do «Día das xentes do mar» que se celebra todos os anos, o 16 de xullo, facéndoo coincidir coa festa católica da Virxe do Carmen.

Desde 1944, tras a Asemblea Nacional do Apostolado do Mar que tivo lugar en Bilbao, a diocese de Tui-Vigo foi un referente para toda España na defensa e protección dos dereitos do mariño, grazas ao labor desenvolvido no coidado dos traballadores e as familias que dependen do mar.

16 de xullo, Día das Xentes do Mar

Na súa mensaxe con motivo do «Día das xentes do mar», Mons. Luís Quinteiro Fiuza, promotor de Stella Maris en España, manifestou que as desgrazas que sacoden o mundo do mar “sómennos a todos nunha tristeza infinita, chorando sen consolo humano a tantas vítimas que se afunden nas augas e deixan ás familias esnaquizadas e sen xustiza”. E destaca o afundimento do Villa de Pitanxo en terras de Terranova que “cubriu de loito aos familiares das vítimas e puxo #ante o mundo o clamor polos dereitos duns homes e mulleres que senten abandonados. En ocasións, a dor das xentes do mar sacode a conciencia do mundo e a nosa sociedade descobre con sorpresa a débeda contraída con todos eles”. Unha débeda que “esixe un compromiso activo de todos para dignificar as condicións humanas da vida no mar”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp