3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A TVG retransmite a misa da Pascua do Enfermo da diocese de Tui-Vigo

A TVG retransmite a misa da Pascua do Enfermo da diocese de Tui-Vigo
Foto: Cartel de la Jornada Mundial del Enfermo 2022.

O vindeiro domingo, 22 de maio, ás 10 horas, coincidindo coa celebración da Pascua do Enfermo, a Televisión de Galicia (TVG) retransmitirá a eucaristía que presidirá o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza,  intercedendo polos enfermos e os seus familiares, no a capela da residencia Santa Marta de Vigo. Con esta celebración conclúe a campaña da Xornada Mundial do Enfermo que cada ano comeza o 11 de febreiro, coincidindo coa festividade da nosa Señora de Lourdes.

Desde a delegación diocesana de Pastoral da Saúde, animan a todos os axentes, párrocos e voluntarios de Pastoral da Saúde para celebrar esta Pascua do Enfermo en todas as parroquias, cun espírito de alegría promovendo a caridade de Cristo. Ademais, desde a delegación tamén convidan a todos a participar na eucaristía de fin de curso que organizan o mércores 8 de xuño, ás 17:30 horas, na capela da Guía en  Teis.

Campaña da Xornada Mundial do Enfermo

«Acompañar no sufrimento» é o lema que propón o departamento de Pastoral da Saúde, que editou os materiais para esta Xornada  instituída hai 30 anos por  san Xoán Paulo II para sensibilizar sobre a necesidade de asistir aos enfermos e a quen os coida.

O papa Francisco, na súa mensaxe deste ano, lembra con agradecemento que neste tempo avanzouse bastante, pero, puntualiza, «aínda queda moito camiño por percorrer para garantir a todas as persoas enfermas, principalmente nos lugares e nas situacións de maior pobreza e exclusión, a atención sanitaria que necesitan, así como o acompañamento pastoral para que poidan vivir o tempo da enfermidade unidos a Cristo crucificado e resucitado».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp