3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

«A Palabra de Deus alimenta a vida»

«A Palabra de Deus alimenta a vida»
Foto: Biblia abierta | © Banco de imágenes gratuito Pexels.

O terceiro domingo do tempo ordinario, este ano o 23 de xaneiro, a Iglesia celebra o Domingo da Palabra de Deus. O papa Francisco  instituíu esta Xornada o 30 de setembro de 2019, coa firma da Carta  apostólica en forma de «Motu  proprio»  Aperuit  illis, co fin de dedicar un domingo completamente á Palabra de Deus.

A área de Pastoral Bíblica da Comisión Episcopal para a  Evanxelización, Catequese e  Catecumenado editou uns materiais para contribuír á celebración desta Xornada: unha presentación do director do secretariado desta Comisión, Francisco Julián Romero; un método para axudar a ler a Palabra de Deus; e un subsidio litúrxico para o  celebrante e outro para o monitor.

A Palabra de Deus alimenta a vida

«A Palabra de Deus alimenta a vida» é o título que elixiu Francisco Julián Romero para o texto de presentación da Xornada deste ano. Un título co que une o Domingo da Palabra de Deus á celebración do  Sínodo que celebra a Igrexa. «A Palabra —explica— é o alimento para a vida que precisamos neste camiñar xuntos como pobo de Deus. Ela é como a sabia que no noso interior dános ilusión, esperanza e desexo firme para seguir polo carreiro de Deus e facer presente o seu reino». Ademais, convida «a lela en comunidade e co sentir da Igrexa».

Ante os interrogantes que expón a rutina diaria da vida persoal e eclesial, propón buscar a resposta na Palabra de Deus que é «a luz que resolve as súas dúbidas, que afianza as súas conviccións, que responde as súas preguntas e que reforza as súas inquietudes».

Ademais, ofrece algunhas receitas para que achegarse á Palabra produza estes froitos. E faio acudindo a Bieito XVI,  san Agustín e o papa Francisco: deixar un espazo á Palabra de Deus no noso día a día e ler a Biblia establecendo unha conversación con Deus, sabendo que alí está o Señor para falarnos e para revelarnos os seus segredos máis íntimos.

Francisco Julián Romero termina a súa presentación reclamando que esta Xornada non quede nunha efeméride se non que sexa unha ocasión para afianzar «na vida persoal, comunitaria e pastoral o valor da Palabra de Deus e a inquietude por lela, meditala e convertela en alimento para a vida persoal, comunitaria e pastoral». Especialmente neste tempo de  Sínodo, «afiancemos deste xeito o camiño  sinodal que estamos a percorrer. Desta maneira terá unha maior fecundidade noso camiñar xuntos».

Presentación e método para a lectura

Subsidio litúrxico para o celebrante

Subsidio litúrxico para o monitor

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp