3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A diocese de Tui-Vigo recadou máis de 11 mil euros para a Infancia Misioneira

A diocese de Tui-Vigo recadou máis de 11 mil euros para a Infancia Misioneira
Foto: Julio Cuesta, misionero en Filipinas desde hace 21 años | © OMP.

Este domingo, 16 de xaneiro, a Igrexa de Tui-Vigo celebra a Xornada da Infancia Misioneira para visibilizar o labor de tantos misioneiros repartidos polo mundo e agradecer a xenerosidade de todas as persoas que, durante o ano 2020, conseguiron sumar 11.035 euros para o Fondo Universal de Solidariedade, o que supuxo un incremento do 28% respecto ao ano anterior.

Durante o 2021, a Santa Sé destinou preto de 2 millóns de euros á protección da vida, a saúde, o ensino, a construción de espazos educativos ou internados, a mellora de infraestruturas ou a formación católica de 4 millóns de nenos presentes nos 1.116 territorios de misión. 

Obras  Misionais Pontificias en España busca impulsar os valores da Infancia Misioneira entre os nenos, centrándose en dar cabida a un proceso de formación misioneira capaz de integrarse na pastoral ordinaria. A través do itinerario  de catro anos «Con Xesús á misión» que finaliza este 2022 co lema «Con Xesús a Xerusalén: Luz para o mundo!», a  OMP lanzou unha proposta pedagóxica dirixida aos nenos de 6 a 12 anos que ten como obxectivo dar a coñecer as distintas etapas polas que pasou Xesús ao longo da súa infancia, un exemplo que viven os misioneiros a través da súa xenerosidade e a súa entrega.

Infancia Misioneira é unha Obra do Papa que promove a axuda  recíproca entre os nenos do mundo, creando unha rede de solidariedade misioneira universal cos nenos como principais protagonistas. A Santa Sé, a través das catro Obras  Misionais Pontificias, fomenta e busca medios materiais para a actividade misioneira da Igrexa.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp