3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A DECA cambia a formato dixital

A DECA cambia a formato dixital
Foto: Banco de imágens gratuito © Pexels.

A Conferencia Episcopal Española acaba de anunciar que a solicitude da Declaración Eclesiástica de Capacitación Académica (DECA) e a súa emisión cambiaron a formato exclusivamente dixital con certificado electrónico da CEE. Ademais, nas próximas semanas, tamén os duplicados das antigas  DECA emitiranse neste formato.

A dixitalización aplicarase unicamente ás novas solicitudes de  DECA. As que foron emitidas ata o 31 de decembro de 2021, mantén a súa validez en formato papel, polo que non hai que volver solicitala en formato dixital. Deste xeito, os alumnos que este ano finalicen estes estudos no Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo deberán acceder ao seguinte formulario de solicitude.

DECA é o título que capacita para ser profesor/a de Relixión Católica. Con este novo sistema preténdese axilizar os tempos da súa tramitación e xestión ademais de dar un paso máis no compromiso co medio ambiente ao que estamos todos convidados.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp