3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O Seminario Menor de Tui inaugura o novo curso 2021-2022

O Seminario Menor de Tui inaugura o novo curso 2021-2022

O domingo 3 de outubro, ás 18 horas, alumnos, profesores,  formadores e familias do Seminario Menor de Tui inauguraron o novo curso escolar 2021-2022 cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, no templo parroquial de San Francisco. A esta celebración tamén se sumaron os seminaristas do Seminario Maior San José de Vigo.

O pasado mes de xuño, o Seminario Menor despediu a 2 dos seus alumnos que terminaban 2º de Bacharelato: Mateo  Castiñeira e Luís Daniel de Sousa. Actualmente, este centro privado de ensino conta con 35 alumnos —7 deles estudan de maneira interna— aos que acompaña un claustro composto por 13 profesores e profesoras.

Como comunidade educativa, o Seminario tudense ofrece a quen convive nela, todos os medios pedagóxicos de formación, humana, intelectual e espiritual que toda auténtica institución educativa está chamada a desenvolver, ofrecendo unha formación integral e un acompañamento personalizado a cada alumno grazas aos grupos reducidos en cada curso, que permiten un maior seguimento por parte do claustro de profesores.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp