3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

GALERÍA 📸 | Encontro Diocesano de Familias

GALERÍA 📸 | Encontro Diocesano de Familias
Foto: Carpinterías de san José creadas por las familias asistentes al Encuentro Diocesano de Familias.

A delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo organizou un Encontro Diocesano de Familias para compartir a alegría de ser familia no marco do «Ano Familia  Amoris  Laetitia». Aínda que nun primeiro momento estaba previsto que o encontro se desenvolvese no Monte Aloia, o mal tempo acaecido durante a xornada do sábado 2 de  outubro obrigou a trasladalo ao Seminario Menor de Tui.

Durante a primeira parte da xornada, que comezou cun intre de confraternización organizado polos seminaristas do Seminario Maior de Vigo, o bispo de Tui-Vigo acompañou ás familias asistentes durante a celebración da eucaristía na que lles alentou a iniciar procesos duradeiros capaces de transformar a vida da Igrexa diocesana. Tras a misa, as familias puideron gozar dun taller no que recrearon a carpintería de  san José. Alí, colocaron os seus soños para as súas familias e as de toda a diocese.

Esta iniciativa quere dar resposta a dúas dos obxectivos do «Ano Familia  Amoris  Laetitia» que propuxo o  Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida, da Santa Sé: por unha banda fomentar o protagonismo das familias no ámbito da Pastoral Familiar; e, por outra, ampliar a mirada e a acción desta pastoral concreta para que inclúa aos esposos, aos nenos, aos mozos, ás persoas maiores e ás situacións de fraxilidade familiar.

O «Ano Familia  Amoris  Laetitia» comezou o 19 de marzo de 2021 coincidindo co 5º aniversario da publicación da  exhortación  apostólica,  Amoris  Laetitia, que o papa Francisco dedica á beleza e á alegría do amor familiar. Este ano especial concluirá o 26 de xuño de 2022 co X Encontro Mundial das Familias que se celebrará en Roma co Santo Padre.

Encuentro Diocesano de Familias | © Diocese Tui-Vigo
Las familias crearon la carpintería de san José para pedir su intercesión por sus familias y las de la diócesis.
« de 49 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp