3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Xornadas para axentes de Pastoral Familiar

Xornadas para axentes de Pastoral Familiar

A Subcomisión Episcopal para a Familia e Defensa da Vida, dentro da Comisión Episcopal para os Laicos, Familia e Vida, organiza as xornadas de axentes de Pastoral de Familia e Vida. «De novo a familia cristiá. O primeiro anuncio ás familias» é o tema de que este encontro que terá lugar en  Guadarrama (Madrid), do 9 ao 11 xullo. Ademais do formato presencial, tamén poderán seguirse  on- line.

Obxectivos e datos do curso de axentes de Pastoral familiar

O obxectivo deste encontro é comezar a profundar nos catro itinerarios expostos no Congreso Nacional de Laicos. Nesta ocasión centrarase no primeiro anuncio ás familias. En sucesivos cursos e encontros irase avanzando no resto dos itinerarios: acompañamento, procesos formativos e presenza na vida pública.

O bispo de CanariasMons. José  Mazuelos Pérez, como presidente da Subcomisión para a Familia e Defensa da Vida, será o encargado de inaugurar estas xornadas e de impartir o relatorio introdutorio na que repasará «A situación actual da familia». Estas xornadas servirán tamén para compartir experiencias, inquietudes e proxectos que se están levando a cabo nas dioceses.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp