3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Tres anos escoitando e acompañando en Vigo

Tres anos escoitando e acompañando en Vigo

Mañá, 29 de maio, celébrase o terceiro aniversario da inauguración en Vigo do Centro de Escoita, un lugar de encontro no que se acompaña a persoas e familias que necesitan ser escoitadas e acollidas. Con este motivo, o pasado martes 25 presentouse o resumo das actuacións desenvolvidas neste último ano marcado pola pandemia do coronavirus.

Ante a difícil situación que vivimos nos duros meses de confinamento o Centro decidiu continuar a atención de modo telefónico e iniciou unha campaña de difusión a través da radio e as redes sociais. Tras ese tempo son moitas as persoas que contactaron co Centro de Escucha para afrontar principalmente as dificultades da vida familiar que afloraron e para acompañar situacións de soidade e procesos de duelo. 

O equipo de voluntarios continuou coa súa formación específica a través dos medios online e de modo presencial cando as restricións sanitarias vixentes así o permitiron.

Os retos que se expoñen neste momento é seguir difundindo o Centro desde os medios dixitais (web diocesana, redes sociais), parroquias e arciprestados, para dar a coñecer este espazo gratuíto de acollida e acompañamento e promover a formación interna (dos voluntarios) e externa (aberta a cuantos estean interesados).

Quen desexe coñecer máis acerca deste servizo de acompañamento e escoita poden atopar toda a información clicando na seguinte ligazón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp