3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Diocese de Tui-Vigo únese en oración polas vocacións

A Diocese de Tui-Vigo únese en oración polas vocacións

A delegación diocesana de Pastoral Vocacional, en colaboración coa delegación de Vida Consagrada, a delegación de Misións e a Confer Tui-Vigo, organiza unha eucaristía con motivo da Xornada Mundial das Vocacións e Vocacións Nativas que a Igrexa católica conmemora este domingo, 25 de abril, solemnidade do Bo Pastor. O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a celebración no templo parroquial do Corazón de María, o vindeiro mércores 28 de abril, ás 20 horas.

Tamén a delegación de Pastoral Xuvenil quixo sumarse a esta cita a través da Oración Xove que, a través da contemplación de Xesús Eucaristía, poñerá o foco especialmente no  discernimento da vocación convidando aos máis novos, non só a descubrir cal a súa chamada, senón tamén a  interceder polas miles de vocacións —sacerdotais, relixiosas, consagradas ou matrimoniais— do mundo enteiro.

Para fomentar a participación na Xornada e tendo presenta que a situación actual ha limitado os aforos nos lugares de culto, a parroquia retransmitirá en directo a misa e a Oración Nova a través da súa canle de Youtube.

Con esta Xornada, a Diocese de Tui-Vigo quere visibilizar e sensibilizar sobre a riqueza das diversas vocacións que, este ano, estamos convidados a descubrir a través da campaña «Para quen son eu?», que recolle testemuños de diferentes realidades eclesiais que dixeron “si” ao Señor e que conta cun himno composto polo grupo de música católico  Hakuna .

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp