3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

«Domingos de Pascua» — Pentecostés, Espírito de Deus| BoscoVision

«Domingos de Pascua» — Pentecostés, Espírito de Deus| BoscoVision

«Domingos de Pascua» é un programa creado pola produtora BoscoVision ProduCinema, a cargo do sacerdote salesiano Anxo Fernández Prado, que consta de cinco vídeos cunha duración de cinco minutos sobre o tempo litúrxico da Pascua. Nesta ocasión, o programa explica cales son os sete does que o Espírito Santo regala en Pentecostés e consta dunha pequena reflexión de Mons. D. Luís Quinteiro, bispo de Tui-Vigo sobre a solemnidade que celebraremos mañá.

Esta iniciativa está dedicada a todas as persoas (nenos, adolescentes, novos, adultos e anciáns), sobre todo a persoas que están impedidas en casa e que non poden participar cada domingo na Eucaristía, persoas enfermas nas casas ou nos hospitais, persoas medorentas que viven este momento do Covid.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp