3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Presentamos a campaña da CEE #HazMemoria

Presentamos a campaña da CEE #HazMemoria

Cada ano a Igrexa fai memoria dun acontecemento salvador que se proxecta no tempo e na historia: a salvación da humanidade por Xesucristo, coa súa paixón, morte e resurrección.

O pobo de Deus, que vive iluminado por ese acontecemento salvador prolonga a misión de Xesucristo e coas súas obras e palabras fai presente a salvación aquí e agora.

Millóns de persoas senten a proximidade da Igrexa en especial nestes tempos de dificultade. Unha axuda que se recibe en forma de compañía, oración, axuda económica, alimentos, acollida, entrega… Miles de cristiáns participan da misión da Igrexa de maneira activa, co seu tempo, co seu diñeiro, coa súa oración.

Entre abril e xuño, cada semana, a Conferencia Episcopal Española,  xunto cos medios de comunicación EcclesiaTrece y COPE, proponnos achegarnos a unha realidade da Igrexa, a coñecela e a facer memoria do servizo que a Iglesia presta a toda a sociedade.

A Igrexa fai memoria de Xesucristo prolongando no tempo a súa misión

Con este hashtag #HazMemoria preténdese poñer en valor o papel da Igrexa e dos cristiáns no traballo da sociedade e a importancia da súa achega ao ben común de todos.

Con esta campaña de doce temas, que durará ata o 30 de xuño, preténdese facer presente nos medios de comunicación a vida real da Iglesia, as actividades que realiza, as persoas que a levan adiante, as historias que fan visible a acción da Igrexa no mundo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp