3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Ramiro e Emilio xa son acólitos

Ramiro e Emilio xa son acólitos

O pasado 21 de marzo, o bispo Luís Quinteiro instituíu  acólitos a Ramiro Álvarez e Jose Emilio Veiga na Concatedral-Basílica.

Acompañados dalgúns familiares e amigos, José Emilio Veiga e Ramiro Álvarez acudiron á Concatedral-Basílica de Santa María para celebrar a súa institución como  acólitos nun data marcada polo Día do Seminario e a solemnidade de san Xosé, patrón dos seminaristas e seminarios.

Durante a eucaristía dominical, o bispo Luís Quinteiro agradeceu a entrega destes dous mozos que están a piques de finalizar os seus estudos no Seminario Maior San Xosé. Tamén lembrou aos presentes que «o tempo que nos toca vivir pide de nós decisións que nos arrinquen da ambigüidade, da indecisión, do ir tirando. Necesitamos que a transparencia de vida sosteña a imprescindible credibilidade que se pide á testemuña e, ao mesmo tempo, estamos necesitados de fogares que acollan a nosa fraxilidade. Para camiñar no medio da noite, como fixo  san Xosé, é necesario ter claro que somos camiñantes con destino. A fortaleza que se lle pide ao apóstolo ten que amornarse a diario nos talleres da oración e da obediencia».

Con estas palabras,  Mons. Quinteiro manifestou a necesidade de crear verdadeiros fogares como o de  Nazaret na Diocese de Tui-Vigo, especialmente, nas parroquias para que, deste xeito, «poidan acudir os nosos nenos e adolescentes aos que vós, como San Xosé, acollades como pais cheos de amor para educalos na escola do Evanxeo».

Agora que xa foron  instituídos  acólitos, José Emilio e Ramiro prepáranse para o  diaconado, paso previo á orde sacerdotal, con este chamado do pastor da Igrexa diocesana de abrir espazos na vida eclesial nos que crezan verdadeiros fogares de  Nazaret.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp