3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Faleceu Antonio Domínguez Estévez, párroco da Salgueira e de Sardoma

Faleceu Antonio Domínguez Estévez, párroco da Salgueira e de Sardoma

A media tarde de onte, venres, falecía aos 71 anos no Hospital Povisa vítima dun infarto cerebral, Antonio Domínguez Estévez, párroco de santa Lucía da  Salgueira e de  san Pedro de Sárdoma.

O domingo día 14 ás 16 horas terá lugar a misa  exequial en  san Pedro de Sárdoma, ao terminar a cal o seu corpo será trasladado ao templo parroquial de  san  Cristobal de  Mourentán, onde, ás 6 da tarde, celebrarase outra misa polo seu eterno descanso, para a continuación depositar o seu corpo no cemiterio desa a súa  parroquia natal. O martes día 16, ás cinco da tarde oficiarase tamén un funeral na súa parroquia de santa Lucía da  Salgueira. O velorio estableceuse en  Vigomemorial, na sala numero 2.

Antonio Domínguez era licenciado en Ciencias Eclesiásticas e foi ordenado sacerdote en Baiona o 28 de xullo de 1974. Os seus primeiros encargos ministeriais foron a vigairía parroquial do Sagrario de Tui e tres anos despois a de Santa Clara en Vigo. Desde ese ministerio pastoral foi sucesivamente profesor de relixión no Colexio Marcote, no Instituto de Bacharelato de O Meixoeiro, no da Guía, no de Os  Rosais I e no Instituto da  R.O do Uruguai. En 1996 encargaráselle a parroquia de Saiáns e a de Priegue atendendo tamén temporalmente a de  Camos e dando entón clases no Instituto de Secundaria de Coruxo. Nesta época foi, ademais,   Arcipreste do Miñor (2001)  e membro do órgano de control do Fondo Común diocesano para a atención do clero. No ano 2007  sería nombrado párroco de Santa Lucía na  Salgueira, en 2008, administrador parroquial de  san Pedro de Sárdoma e en 2017, capelán das Relixiosas Misioneiras de san Xosé de Cluny. Descanse en paz este entregado sacerdote ás tarefas diocesanas.   

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp