3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Diocese de Tui-Vigo acolle á “Raíña de Radio María”

A Diocese de Tui-Vigo acolle á “Raíña de Radio María”

A “Raíña de Radio María”, unha talla de madeira realizada por artesáns do norte de Italia, visita a Diocese de Tui-Vigo acompañando o rezo do Rosario a diocesanos e diocesanas no templo parroquial de San Antonio da Florida —situado en cálea Fotógrafo Xosé Gil de Vigo—. A presentación foi o pasado domingo 31 de xaneiro e quen o desexe poderán rezar ante ela ata o vindeiro domingo 7 de febreiro.

Cada día, desde o luns e ata o venres, rezarase o rosario #ante a “Raíña de Radio María” 45 minutos antes da celebración  eucarística das 10  h da mañá e das 20  h da tarde. Entre o rosario e a misa, os asistentes poderán gozar de diversos testemuños. Ademais, o sábado, 6 de febreiro, organizarase unha “velada con María” con Santo Rosario polas peticións realizadas á Virxe Peregrina, previo á súa despedida que terá lugar ao día seguinte ás 09:15  h. Esta iniciativa promovida por Radio María España iniciou a súa andaina o pasado mes de novembro que, como explican na súa web, «percorrerá distintas localidades do territorio nacional para levar a esperanza e a fe nestes momentos de incerteza», creando novas oportunidades para coñecer o proxecto da radio evanxelizadora xunto co seu voluntariado.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp