4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal
4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal

Vivir no noso tempo e desde o noso tempo

Vivir no noso tempo e desde o noso tempo

O Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo honrou a San Tomé de Aquino, patrón dos  teólogos, cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, marcada por unhas novas restricións que, entre máscaras e distancia social, non impediron que Cristóbal  Colón se convertése, xunto co santo do século  XIII, en protagonista desta xornada gracias a conferencia impartida por Luís Pose.

A capela do Seminario Maior acolleu este acto que contou con apenas unha vintena de participantes entre sacerdote,  acólitos e fieis; un acto no que o pastor da Igrexa diocesana convidou a ler a contorna e interpretala sendo fiel ás particularidades do contexto actual marcado polas dificultades da pandemia, como Santo Tomé de Aquino que «viviu no seu tempo e desde o seu tempo» e converteuse en luz para os homes da súa época mediante a entrega da súa intelixencia a Deus que, como apunto  Mons. Quinteiro, maniféstase como signo visible do máis íntimo de cada persoa á hora  de entender o mundo.

Posteriormente, o conferenciante Luís Pose impartiu o relatorio «Cristóbal  Colón: primeiro evanxelizador de América» que o director do Instituto Teolóxico, Antonio  Menduiña, presentou ante a trintena de espectadores que se conectaron vía  streaming para asistir a formación. A exposición deste sacerdote licencia en Historia da Iglesia está dispoñible na canle de YouTube da Diocese de Tui-Vigo para todos aqueles que queiran coñecer un pouco máis da  evanxelización durante os primeiros anos de América e a importancia da cristianización na mentalidade do seu protagonista, Cristóbal  Colón, quen xunto a Santo Tomás de Aquino poden dar algunhas claves que axuden a laicos e sacerdotes a difundir a misión da Igrexa en (e desde) o contexto actual.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp