3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Por que se celebra o Domingo da Palabra?

Por que se celebra o Domingo da Palabra?

No ano 2019, o papa Francisco convocou unha nova cita no calendario de toda a Igrexa Universal para visibilizar a importancia e o valor da Sacra Escritura na vida cristiá e da relación entre Palabra de Deus e liturxia: o Domingo da Palabra —coincidindo co III Domingo do Tempo Ordinario—.

O pasado mes de decembro de 2020, a Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos  Sacramentos publicou unha nota con indicacións e recomendacións que poden axudar a sacerdotes e fieis a vivir con máis intensidade o Domingo da Palabra de Deus, unha xornada que nos lembra que «urxe a necesidade de ter familiaridade e intimidade coa Sacra Escritura e co Resucitado, que non cesa de partir a Palabra e o Pan na comunidade dos crentes».

Así, convídase a todas as comunidades, parroquias e grupos a realizar accións que resalten a Palabra de Deus como: procesión con  evanxeliario;  monicións apropiadas, previas a cada lectura; canto do  salmo; rezo da liturxia das horas; ou  lectio divina, entre outras moitas. Durante os días previos, tamén se recomenda desenvolver actividades que preparen aos membros das comunidades eclesiais para esta cita dominical.

Para axudar co canto, a Delegación de Liturxia da Diocese pon a disposición a  antífona cantada do  salmo deste domingo en galego; un material que comezou a desenvolverse o pasado mes de decembro durante o tempo de Advento e que está dispoñible no apartado “recursos” da web diocesana.

A maiores, o bispo, Luís Quinteiro, presidirá a misa na Concatedral-Basílica ese domingo, 24 de xaneiro, ás doce da mañá para revalorizar a Palabra de Deus na vida cristiá da Igrexa de Tui-Vigo. Aqueles que queiran asistir deberán ter en conta que o aforo será limitado para garantir o cumprimento das medidas de hixiene e seguridade para facer fronte á pandemia.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp