3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Unha semana para rezar pola unidade dos cristiáns

Unha semana para rezar pola unidade dos cristiáns

O luns, 18 de xaneiro, comeza a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns, unha cita organizada conxuntamente polo Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns e a Comisión Fe e Constitución do Consello Mundial de Igrexas baixo o lema «Permanecede no meu amor e daredes froito en abundancia» (Xn 15, 5 – 9). Os materiais para a preparación espiritual deste  Oitavario e o cartel —dispoñible en castelán e en galego— xa poden descargarse a través da web diocesana. 

Os bispos responsables da Subcomisión para Relacións  Interconfesionais e Diálogo  Interrelixioso da CEE explican, na súa mensaxe para este ano 2021, que «para o  ecumenismo non hai atallos, porque o  ecumenismo verdadeiro transita polo camiño da verdade crida e practicada» e, así, animan a todos os fieis a buscar a unidade manifestada polos discursos de Xesús durante a última Cea, pois só mediante a unidade da Igrexa poderase alcanzar a unidade que Cristo quere para todos. Na Diocese de Tui-Vigo celebrarase un acto que xuntará en oración a católicos,  evanxélicos, anglicanos e ortodoxos, organizado polo delegado de  Ecumenismo e Relacións  Interconfesionais de Tui-Vigo, o pai Faustino García. Será o vindeiro xoves, 21 de xaneiro, ás oito e media da tarde no templo dos  capuchinos, María Nai do Bo Pastor —situado na rúa Vázquez Varela—.

MATERIAIS

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp