3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Diocese terá unha misa-funeral por María del Carmen Grobas

A Diocese terá unha misa-funeral por María del Carmen Grobas

O bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, presidirá misar-funeral polo eterno descanso de María del Carmen  Grobas, quen faleceu este martes 8 de decembro, solemnidade da Inmaculada Concepción. A celebración será ás 19:00, o próximo día 16, no templo parroquial do Sagrado Corazón de Jesús de Vigo. Debido ás restricións actuais estipuladas polas autoridades sanitarias, o aforo nos templos está limitado a un terzo da súa capacidade máxima.

Aínda que a celebración litúrxica coa familia e amigos tivo lugar o día 9 na capela do tanatorio de  Emorvisa, a Diocese quere unirse en oración polo eterno descanso de María del Carmen  Grobas, agradecendo o seu traballo á fronte  da delegación diocesana de Apostolado do Mar, xunto con Cristina de Castro García, que faleceu en plena pandemia o pasado 7 de abril.

Ademais da labor social fomentado no ámbito do mar, Cristina de Castro tamén formaba parte do Consello Diocesano de Laicos, colaborando coa pastoral da Igrexa de Tui-Vigo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp