3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Retomar a fe na contorna universitaria é posible

Retomar a fe na contorna universitaria é posible

A comisión de pastoral e voluntariado da Escola de Maxisterio, xunto coa delegación de Pastoral Universitaria de Tui-Vigo, iniciou un curso de confirmación para mozos e mozas en idade universitaria, graduados da Escola de Maxisterio CEU-Vigo ou alumnos doutras carreiras universitarias que estean interesados —actualmente, xa responderon persoas de entre 20 e 23 anos—. Ata o de agora, esta iniciativa realizábase de maneira presencial, pero, este ano, terá carácter semipresencial para garantir o cumprimento das restricións marcadas polo COVID-19, polo que as sesións formativas impartiranse a través das plataformas  TeamsBlackboard.

Para participar, os interesados deben escribir un correo electrónico a jbenito@ceu.es, antes do domino 29 de novembro. Desde a organización, ofrecen flexibilidade nos horarios —sobre todo, entre a franxa lectiva e o atardecer— e mesmo un seguimento máis personalizado adaptado á situación de cada participante.

O capelán do centro, Juan Benito Rodríguez, que forma parte da comisión de pastoral e voluntariado explica que se trata dunha oportunidade para os que queiran retomar a fe e, ao mesmo tempo, para aqueles que queiran recibir o  sacramento da Confirmación, que probablemente se unirá coa celebración comunitaria proposta no Plan Pastoral Diocesano para este novo curso 2020-2021. Neste proceso de formación participan tres alumnos confirmados da  DECA que comparten a mesma inquietude sobre o cristianismo católico.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp