3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Xunta rectifica o DOG e permite 1/3 do aforo nos lugares de culto en concellos en nivel 1 e 2

A Xunta rectifica o DOG e permite 1/3 do aforo nos lugares de culto en concellos en nivel 1 e 2

Onte, luns 9 de novembro, a Xunta de Galicia rectificaba o decreto 179/2020 asinado pola Presidencia da Xunta o pasado 4 de novembro, para ampliar o aforo máximo nos lugares de culto daqueles concellos con nivel 1 e 2 da Comunidade Autónoma. Con este motivo, a Vigairía de Pastoral lanza unha nova nota informativa acerca das novas restricións estipuladas pola institución pública autonómica.

Na Diocese de Tui-Vigo, esta norma afecta especialmente as parroquias situadas en 9 concellos do territorio diocesano, Gondomar, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontecaldelas, Porriño, Redondela, Tui e Vigo, cuxa asistencia aos lugares de culto non poderá superar un 1/3 da capacidade máxima do templo. No resto de concellos, a capacidade máxima será do 50%.

Ademais, é importante manter as mesmas medidas de hixiene e seguridade que se estaban aplicando relativas á distancia (1,5 m.), ao uso obrigatorio de máscara e xel  hidroalcohólico, e á desinfección dos espazos despois de cada uso. 

Estas medidas, con aplicación desde o día de hoxe, estarán en vigor ata o 4 de decembro, aínda que poderán modificarse en función da evolución da pandemia.

Nota-de-la-vicaria-10-11-2020_GAL

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp