3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Máis de 1000 novos cristiáns na Diocese de Tui-Vigo durante o 2019

Máis de 1000 novos cristiáns na Diocese de Tui-Vigo durante o 2019

Durante o ano 2019, a Diocese de Tui-Vigo deu a benvida a 1.228 novos cristiáns; ou o que é o mesmo, bautizou a 1.228 persoas (entre nenos, novos e adultos), segundo recollen os datos estatísticos elaborados pola  Cancillería da Diocese. A esta cifra hai que sumarlle 1.310 primeiras comuñóns e 613 confirmacións.

Todos estes Sacramentos son denominados “ritos de iniciación cristiá” para os que se necesita un camiño de crecemento e profundización da fe. Nese camiño  catecumenal de formación participan preto de 580 persoas que, voluntariamente, exercen a súa función como catequistas nas 276 parroquias que conforman a Diocese de Tui-Vigo.

O centro desa formación reside, habitualmente, na celebración da liturxia dominical na que non só participan catequistas e catecúmenos, senón outras moitas persoas que colaboran para facer posible da Eucaristía un momento alegre e festivo a través da música, da ornamentación ou do  acolitado, entre outras funcións.

Este domingo, 8 de novembro, a Diocese de Tui-Vigo quere recoñecer e agradecer o labor de miles de persoas que fan posible que a Igrexa sexa unha comunidade que poida dar a benvida a máis de mil novos cristiáns durante o último ano. Con este motivo, celébrase o Día da Igrexa Diocesana cuxo lema deste ano é «somos o que ti nos axudas a ser».

Convidámosche a descubrir algúns dos rostros dalgunhas desas persoas que converten á Diocese de Tui-Vigo no que é: unha gran familia, unha comunidade de comunidades.  

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp