3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

«Pertencemos á familia da Diocese de Tui- Vigo, pero dende un lugar pequeno, sinxelo, onde todos nos coñecemos e arroupamos»

«Pertencemos á familia da Diocese de Tui- Vigo, pero dende un lugar pequeno, sinxelo, onde todos nos coñecemos e arroupamos»

O Día da Igrexa Diocesana é unha xornada para agradecer o traballo de tantas persoas que colaboran coa Iglesia, que a transforman nun lugar ao que poder chamar fogar. Por iso, co lema deste ano, «Somos o que ti nos axudas a ser. Somos unha gran familia contigo», quérese poñer en valor a riqueza escondida das comunidades locais

En Galicia, falar de riqueza escondida é sinónimo, practicamente, de falar de comunidades rurais, nas que a parroquia continúa sendo un signo de identidade importante para as persoas que viven alí, para quen o centro da vida relixiosa vira contorna á celebración dominical. Pero, como é ese sentir diocesano nunha zona tan escondida?

O coro parroquial de San Roque  do  Freizo achéganos a este sentir da Igrexa Diocesana, xunto co seu párroco, José Antonio  Eiró a quen entrevistaba o pasado venres, 6 de novembro, no programa radiofónico de COPE Vigo, O Espello de Tui-Vigo. 

Somos nove persoas as que formamos o coro parroquial de San Roque do Freixo, no concello de Crecente. Levamos arredor de quince anos desempeñando esta función de animar as celebracións dende o canto.

Dende sempre, tomamos conciencia de que na parroquia a realidade que intentamos cultivar é a da familia. Nela, intentamos vivir a nosa experiencia relixiosa dende a proximidade dos uns cos outros, dende a festa, a colaboración mutua entre os veciños e mailo noso párroco, sempre disposto a votar unha man alí onde nos faga falta.

A nosa é unha experiencia de familia. Pertencemos á familia da Diocese de Tui- Vigo, pero dende un lugar pequeno, sinxelo, onde todos nos coñecemos e arroupamos. A pesares de sermos unha comunidade pequena en número, tentamos, ó mesmo tempo, ser comunidade viva, participativa  que ten ganas de medrar no compartir aquelas experiencias que nos axudan a vivir o noso ser cristiáns nunha realidade rural. Quizais sexa esta unha realidade pouco atractiva, pero para nós é o lugar que nos sustenta e que nos fai medrar como cristiáns comprometidos no medio dunha realidade moito máis grande, con todo, nunca perdemos ilusión, sorriso e as ganas de compartir con todos os que queiran achegarse a coñecer esta pequena familia que formamos a parroquia do Freixo.

Coro parroquial de San Roque do Freixo.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp