Saír Elixe castelán

Estás en, quen somos?

a) Presentación

“A Diocese é unha porción do pobo de Deus, cuxo coidado pastoral se encomenda ao Bispo coa cooperación do presbiterio, de maneira que, unida ao seu pastor e congregada por el no Espírito Santo mediante o Evanxeo e a Eucaristía, constitúa unha Igrexa particular, na cal verdadeiramente está presente e actúa a Igrexa de Cristo unha, santa, católica e apostólica.” (Cód. Dereito Canónico, c. 369).

A Diocese de Tui-Vigo é esa “porción do Pobo de Deus” no territorio da metade sur da provincia de Pontevedra:

A nosa historia remóntase tradicionalmente ao primeiro século da era cristiá, aínda que a documentación máis antiga que se coñece é do século V. A sede foi sempre Tui, onde está a catedral, do século XIII, aínda que desde o ano 1959 é compartida coa cidade de Vigo, onde se atopa a Concatedral e a Curia Diocesana (oficinas centrais).

A poboación do territorio desta Diocese é de aproximadamente 540.000 habitantes, dos cales a maioría están bautizados como membros da Igrexa católica, aínda que a porcentaxe de practicantes habituais é considerablemente menor (ao redor do 20%).

PARROUIA DO ARCIPRESTADO DE A GUARDA-TEBRA- PARROUIA DO ARCIPRESTADO DE TUI-ENTENZA PARROQUIA DO ARCIPRESTADO DE TEA CONDADO PARROUIAS DO ARCIPRESTADO DE SAN MARTIÑO PARROUIAS DO ARCIPRESTADO De REDONDELA-OTAVÉN PARROUIAS DO ARCIPRESTADO DE A LOURIÑA PARROUIAS DO ARCIPRESTADO DE MONRES-MONDARIZ PARROUIAS DOs ARCIPRESTADS DE VIGO-CASABLANCA, VIGO CENTRO, VIGO FRAGOSO, VIGO TEIS

Arciprestazgos de la Diócesis de Tui-Vigo

Esta comunidade diocesana está organizada en pequenas comunidades territoriais chamadas parroquias, agrupadas en 14 arciprestados (zonas). Na nosa Diocese hai 276 parroquias e 17 anexos (case-parroquias).

 

A diocese conta con dous Seminarios onde se preparan os futuros sacerdotes: o Seminario Menor en Tui e o Seminario Maior en Vigo.

A Igrexa Diocesana de Tui-Vigo está presidida actualmente polo Bispo D. Luís Quinteiro Fiuza

O sentido e finalidade da Igrexa católica, e por tanto desta Diocese, é vivir, celebrar, ensinar e testemuñar a fe en Xesucristo como o Fillo de Deus, segundo a tradición oral e escrita dos seus Apóstolos, que se ven transmitindo e enriquecendo ao longo dos seus 20 séculos de historia. A palabra técnica para resumir a misión da Igrexa é “evanxelizar”.

 


b) Organigrama actual

a) Cada diocese está encomendada ao coidado dun bispo, continuando a misión dos Apóstolos e en comuñón coa Santa Sé, e no noso caso de Tui-Vigo, actualmente é D. Luís Quinteiro Fiuza, dende o ano 2010.

Hai tamén na nosa Diocese un bispo “emérito”, que é D. José Diéguez Reboredo.

b) O Bispo nomea unha serie de colaboradores que constitúen a Curia diocesana, entre os que están principalmente os Vigairos, que na actualidade son os seguintes:

- Vigairo Xeral: D. Juan Luís Martínez Lorenzo.

- Vigairo de Pastoral: D. José Vidal Novoa.

- Vigairo para o Clero: D. Xosé Uxío Nerga Menduiña.

- Vigairo Xudicial: D. Juan Carlos Sendón Fojo.

- Vigairo de Economía: D. Santiago Pérez Bouzada.

- Chanceller-Secretario: D. Alfonso Fernández Galiana.

Ademais dos Vigairos, o Bispo conta cos Delegados/as, que se encargan de dinamizar as diferentes áreas da actividade pastoral da Igrexa:

- Delegado episcopal de Vida Consagrada: D. Alfredo García Fernández CMF.

- Delegado episcopal de Apostolado Segrar: D. Juan José González Estévez; e dentro de esta delegación episcopal están outras delegacións diocesanas: Pastoral Familiar, Pastoral Xuvenil, Pastoral Universitaria, Pastoral Obreira, Pastoral de Maiores, e Pastoral na Estrada.

- Delegado episcopal de Educación na Fe: D. Juan Luís Martínez Lorenzo; e dentro de esta delegación episcopal están outras delegacións diocesanas: Ensino Relixiosa Escolar, Catequesis, Medios de Comunicación Social, Relacións Interconfesionais, e Secretariado Bíblico.

- Delegado episcopal de Pastoral Litúrxica: D. José Diéguez Dieppa; e dentro desta delegación episcopal están outras delegacións diocesanas: Pastoral de Santuarios e Turismo, Arte Sacra, e Música Sacra.

- Delegado episcopal de Acción Caritativa e Social: D. Jaime Barrecheguren Beltrán; e dentro desta delegación episcopal están outras delegacións diocesanas: Cáritas, Proxecto Home, Mans Unidas, Pastoral Penal, Apostolado do Mar, Pastoral da Saude, Secretariado Xitano, e Pastoral do Sordo.

c) Moi estreitamente unidos ao Bispo, están os sacerdotes, para guiar a vida cristiá das comunidades parroquiais, en colaboración con relixiosos/as e segrares que participan activa e responsablemente na vida da Igrexa nos seus numerosos e amplos sectores.

No ano 2016 había en Tui-Vigo 171 sacerdotes diocesanos, 19 extra-diocesanos, 54 relixiosos, e 4 diáconos permanentes; 41 irmáns e 311 irmás consagradas; máis de 1.100 catequistas; máis de 800 voluntarios/as de Cáritas e outras asociacións e movementos, e un gran número de cristiáns/ás que colaboran de moitísimas maneiras na múltiple tarefa da Igrexa.

DESCARGAR ESTA PÁXINA. DOCUMENTO EN PDF

Subir a inicio