Saír Elixe castelán

Estás en normativa

NORMATIVA

Tendo sempre como centro e como base as ensinanzas de Xesucristo, a Igrexa, estendéndose ao longo do mundo e dos séculos, organizouse en cada época e lugar coa asistencia do Espírito Santo e coa colaboración humana, tratando de manter a unidade como signo de comuñón e de continuidade. Froito deste longo proceso é a lexislación ou normativa eclesiástica, que na actualidade está contida principalmente no “Código de Dereito Canónico” promulgado en 1983 para toda a Igrexa. (Código Dereito Canónico en PDF). (Código Dereito Canónico).

"Ademais, a Igrexa Católica mantén vixentes co Estado Español os seguintes acordos:"

Pre-acordo entre a Santa Sé e o Estado Español (1976)

Acordos entre a Santa Sé e o Estado Español (1979; xurídico, ensino, forzas armadas, e económico)

Acordo entre a CEE e o Estado Español (1985; asistencia hospitalaria)

Acordo entre a CEE e o Estado Español (1993; asistencia penitenciaria)

 

E a propia Diocese vai concretando tamén as normas sobre as que ten competencia por medio de Decretos, que se publican no “Boletín do Bispado de Tui-Vigo”. Estas normas vanse recollendo de modo sintético e práctico en compendios chamados “Memoranda”, dos cales o último publicado data do ano 2016. (Memoranda TUI-VIGO 2016 en PDF).