Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

Área de Pastoral»Actividades pastorales»Visita Pastoral

Visita Pastoral


PARROQUIA "DA INMACULADA CONCEPCIÓN DE MARÍA"

O bispo da diocese, realizou a visita pastoral á parroquia da Inmaculada os días 29, 30 e 31 de xaneiro.

Comezou a visita o venres 29. A partires das 11.30 da mañá, o Sr Bispo visitou tres fogares nos que había catro persoas enfermas, compartindo con elas unha entrañable conversa, sobre a vida, a fe, a familia.

O mesmo venres pola tarde, entre as 5 e as 6:30, visitamos as Relixiosas do Bo pastor, que rexentan unha casa de acollida no Seixo. O Sr. Bispo estivo coas traballadoras do centro e cos nenos e nenas alí acollidos case unha hora, e despois tivo un encontro coas relixiosas, neste momento son catro, no que elas explicaron a orixe da súa orde, e da súa presenza en Galicia, comezaron en Tui, e logo en Vigo. Tamén expuxeron cal é a súa labor nestes momentos e a situación da súa casa.

O sábado 30, ás 12:30 da mañá xuntámonos no Seminario Maior, o Bispo, os sacerdotes da parroquia e as persoas que forman parte dos grupos parroquias. En total 78 persoas. Nun primeiro momento fixemos un pouco de historia desta parroquia xove, que xurdiu alá polo ano 1956, de cómo se chega á construción do templo e da casa parroquial, da situación pastoral no que fai referencia a datos e da situación económica.

A continuación un voceiro de cada grupo parroquial (catequese, xoves, vida ascendente, coro, teatro, San Vicente, cáritas e as relixiosas) expuxo brevemente o labor do seu grupo. Ás 14:30, no mesmo Seminario, compartimos un agradable xantar.

O domingo 31 ás 12 o Sr. Bispo celebrou a misa estacional. Coa participación de todos os grupos da parroquia, e animada polo coro parroquial, recibiron tamén nela tres xoves, Sofía, Noelia e Gabriel, o sacramento da confirmación. Despois de falar un largo tempo coa xente da parroquia, alá polas 2 da tarde, na casa das relixiosas do Bo Pastor compartimos a mesa, e co xantar púxose fin a esta Visita pastoral

VER POWER POINT

Subir