Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a agenda [+]

Área de Pastoral

PLAN PASTORAL DIOCESANO 2017/18

OBXECTIVO XERAL

SAÍR AO ENCONTRO DOS XOVES PARA COÑECER A SÚA REALIDADE, ESCOITALOS E ACOMPAÑALOS A DESCUBRIR A ALEGRÍA DE XESUCRISTO E O SEU EVANXEO.

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1:

ACHEGARNOS AOS XOVES, DESDE O PROPIO TESTEMUÑO, CON ACTITUDE RENOVADA DE ESCOITA PARA COÑECER QUEN SON, QUE BUSCAN, QUE ESPERAN.

LIÑAS DE ACCIÓN DIOCESANAS

1. Organizar algunha charla (relatorio ou mesa redonda) sobre a realidade da xuventude da nosa Diocese.

2. Elaborar un cuestionario para realizar nos ámbitos xuvenís (colexios, parroquias, universidade, asociacións, redes sociais...) que nos permita coñecer a súa realidade; presentar publicamente os resultados.

3. Aproveitar as canles formativas diocesanas (Ágora, Escola de Evanxelización, Aula de Teoloxía para Laicos, Formación Permanente do Clero,...) para capacitar aos axentes de pastoral na escoita e na acollida.

4. Establecer un Encontro Diocesano de Xuventude, que combine música, arte, expresión..., e onde teña un papel central o testemuño de fe.

5. Elaborar un itinerario de formación/capacitación de axentes de pastoral xuvenil (Cf. Sínodo de Tui-Vigo. Constitución Sinodal 17).

LIÑAS DE ACCIÓN ARCIPRESTAL

1. Abordar a temática da pastoral xuvenil nas reunións de arciprestado.

2. Poñer en contacto aos mozos e mozas das distintas parroquias, fomentando o coñecemento e a colaboración interparroquial, a eclesialidade e a diocesaneidade.

3. Propoñer un encontro aberto a toda a mocidade (practicantes, crentes e/ou afastados) onde se fomente a escoita e o coñecemento mutuo.

LIÑAS DE ACCIÓN PARROQUIAL

1. Estimular e coidar, nas celebracións da comunidade parroquial, a presenza e a participación da xuventude (Cf. Constitución Sinodal 65).

2. Promover as asociacións e movementos que traballan con adolescentes e xoves: Acción Católica (sección Infancia e Mocidade), Scouts Católicos, etc.

OBXECTIVO XERAL

SAÍR AO ENCONTRO DOS XOVES PARA COÑECER A SÚA REALIDADE, ESCOITALOS E ACOMPAÑALOS A DESCUBRIR A ALEGRÍA DE XESUCRISTO E O SEU EVANXEO.

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2:

ACOMPAÑAR Á MOCIDADE NA SÚA INTEGRACIÓN ECLESIAL E PROMOVER A SÚA PARTICIPACIÓN E PROTAGONISMO NA REALIDADE DIOCESANA, ARCIPRESTAL E PARROQUIAL

LIÑAS DE ACCIÓN DIOCESANAS

1. Elaborar un Plan Diocesano de Iniciación Cristiá e Pastoral Xuvenil

2. Crear canles de colaboración e de achegamento entre colexios, parroquias, Delegacións e Movementos (Cf. Constitución Sinodal 71).

3. Incorporar mozos e mozas ás diversas responsabilidades e organismos diocesanos.

4. Dar a coñecer o Centro de Orientación Vocacional Diocesano.

5. Instituír un encontro mensual con xoves (en forma de: catequese, Lectio divina, comentario de Evanxeo, testemuño de vida, etc.) nunha igrexa de referencia.

6. Organizar unha peregrinación coa xuventude

LIÑAS DE ACCIÓN ARCIPRESTAL

1. Nomear un coordinador de pastoral xuvenil arciprestal (pode ser un laico novo), que sirva de enlace coa Delegación de Pastoral Xuvenil.

2. Formar equipos arciprestais para acompañar a noivos e a pais que teñen fillos en idade catequética (Cf. Constitución Sinodal 92).

3. Fomentar a preparación e a celebración conxunta do sacramento da confirmación (Cf. Constitución Sinodal 70).

4. Seguir impulsando celebracións onde se exercite o silencio, a meditación e a oración (Cf. Constitución Sinodal 66).

LIÑAS DE ACCIÓN PARROQUIAL

1. Fomentar a participación e a integración dos xoves nas diversas tarefas e responsabilidades parroquiais

2. Alentar, desde as parroquias, a participación nas actividades arciprestais e diocesanas

3. Impulsar entre a xuventude o voluntariado eclesial (Cáritas, Pastoral da Saúde, Conferencias de San Vicente de Paul, “Boa noite”, etc.), para que coñezan e se impliquen no mundo do sufrimento, da pobreza e da exclusión (Cf. Constitución Sinodal 134 e 137).


NOTA PARA AS PROGRAMACIÓNS DAS DELEGACIÓNS

Estimado/a delegado/a:

Entre os días 28 e 30 de xuño estivemos reunidos no Seminario Maior de Vigo elaborando a Programación Pastoral para o curso 2017-2018, que estará centrada no tema da xuventude.

Esas xornadas de traballo deron como resultado os obxectivos e as liñas de acción

Convén que os teñas presentes á hora de preparar a programación da túa Delegación, que debes entregar na Vicaría de Pastoral antes do 31 de xullo.

Resulta de gran utilidade, para confeccionar un calendario de actividades, que sinales aquelas datas que consideras relevantes dentro do teu ámbito de actuación.

Sen máis, recibe un cordial saúdo.

J. Vidal

Subir a inicio