Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a agenda [+]

INFORMACIÓN. Departamento de información do bispado

SERVICIO DE PRENSA


Servicio de Prensa

medios@diocesetuivigo.org

Teléfs.: 664 002 313 / 667 846 835

                Mércores, 15 de maio de 2019

Xestos significativos para singularizar os preparativos e a festa de María Auxiliadora no 75 aniversario da Consagración do templo

Desde hoxe e ata o 23 de maio terá lugar a novena de María Auxiliadora na igrexa do mesmo nome da Ronda Don Bosco. Tralo exercicio do rosario ás 19:15 horas e a novena, terá lugar a celebración da Eucaristía que presidirá o crego salesiano e xornalista Mateo González Alonso. Natural de Asturias e residente en A Coruña, é colaborador habitual de xornais, revistas e radios, compatibilizando as súas tarefas do mundo xornalístico coa docencia e labor pastoral na Casa Salesiana San Xoán Bosco de A Coruña.

Unha novena especial

O innegable arraigo da devoción a María Auxiliadora na cidade de Vigo é evidente desde os primeiros instantes da presenza salesiana na cidade; precisamente por iso a novena desde ano está chea de detalles que a fan aínda máis significativa. Desde hoxe están presentes no Santuario dos salesianos as imaxes da Virxe de Fátima e da Virxe da Franqueira que, xunto con María Auxiliadora, son as titulares dos outros Santuarios marianos da Diocese de Tui-Vigo, nun xesto tan excepcional como é o de reunirse as advocacións máis populares de toda a contorna nun único templo durante toda a novena.

“Non podía ser que tratándose da Casa Salesiana decana das da cidade, non houbera no contexto desta celebración unha declaración de intencións e un renovado compromiso coa mocidade”, asegura o reitor e párroco, Lorenzo Ramos. Por iso tamén está presente no Santuario todos estes días a Cruz da mocidade, réplica exacta daqueloutra que o Papa polaco agasallou á mocidade ao remate no Ano Internacional da Xuventude e que desde entón visita todos os continentes como sinal e mostra do amor de Deus amosado na entrega de Xesús.

Estes xestos, xunto coa predicación, a participación dos diversos grupos da familia e a obra salesiana, as corais…, darán a este ano sen lugar a dúbidas unha significatividade especial.

Intenso programa do mes de maio

O pasado día 6 de maio comezaba o programa de actos no Santuario-Parroquia de María Auxiliadora coa conferencia do Cardeal Sistach sobre a evanxelización nas grandes cidades.

A celebración da novena, do 15 ao 23 de maio, será predicada por don Mateo González, crego e xornalista, e versará sobre o texto da oración do “Ave María”. No transcurso da mesma terá lugar o 18 de maio a Vixilia Mariana de Adoración Nocturna da Diocese de Tui-Vigo.

Tamén no transcurso da novena, o día 21 ás 19:45 horas, no día no que se cumpren os 75 anos da Consagración do templo, oficiará o bispo diocesano a cerimonia de dedicación do altar da Igrexa logo da súa renovación.

O día 24 de maio, desde as 8:00 horas haberá celebración da Eucaristía cada hora. A das 19:00 horas será solemnemente presidida por D. Luis Quinteiro, seguida da procesión.

O día 31 celebrarase a festa das “Celadoras” de María Auxiliadora. O peche do mes será o día 2 de xuño, na xornada autonómica do homenaxe a María Auxiliadora, n que centos de persoas procedentes de todos os lugares con presenza salesiana en Galicia se reunirán para honrar a María Auxiliadora en Vigo, nunha presenza que cumpre 125 anos.

Subir a inicio