Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


“Non podemos resignarnos a ter á xuventude fora da Igrexa”.

Con estas palabras abría D. Luis Quinteiro Fiuza as xornadas de programación pastoral, que se celebraron o 12 e 13 de xullo no Seminario Maior de Vigo.

Durante eses días os vicarios episcopais, os delegados e os arciprestes, estiveron elaborando o plan pastoral para o vindeiro curso 2018-2019, que estará centrado, en continuación co do ano anterior, no tema da xuventude, e ao que se incorporan aspectos do apostolado segrar.

No mes de outubro do presente ano o Papa Francisco inaugurará en Roma o Sínodo da xuventude. A nosa igrexa diocesana quere preparar ese gran acontecemento, e todo o que del se derive, centrando os seus esforzos pastorais no ámbito da mocidade. Ademais a Diocese quere ir poñendo en marcha espazos e organismos de participación e corresponsabilidade laical.

Despois deses dous días de traballo, o vindeiro martes 17, reuniranse novamente os delegados episcopais e diocesanos para, tomando como punto de partida as liñas de acción aprobadas, establecer un calendario de actividades para o curso 2018-2019.

Desexamos que dean abondodos foitos pastorais.

VER BORRADOR DE PROGRAMACIÓN


Subir a inicio