Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


CARTA DO DIRECTOR DIOCESANO DE OMP

E DELEGADO DIOCESANO DE MISIÓNS

CO GALLO DA XORNADA MUNDIAL DAS MISIÓNS – DOMUND 2018

LEMA: CAMBIA O MUNDO

Vigo, setembro de 2018.

Queridos sacerdotes, comunidades relixiosas, catequistas e profesores de relixión, axentes de pastoral das nosas parroquias e colexios, un saúdo a todos dende a Delegación Diocesana de Misións.

Imos comezar pronto o mes de outubro, o mes misioneiro por excelencia. Baixo o lema “Cambia o mundo”, se nos invita ós cristiáns a tomar conciencia da dimensión misioneira da Igrexa en xeral, pero tamén na nosa vida como bautizados. O anuncio da mensaxe de fe, realmente cambia o mundo. Non podemos desilusionarnos, no medio de tantas crises de fe, de vocacións, de credibilidade, de economía, da familia… os nosos misioneiros e misioneiras continúan traballando con forza nos territorios de misión, levando a tantas persoas a mensaxe da misericordia de Deus, unha palabra de esperanza ós que sofren a colaboración para seguir creando pequenas infraestructuras de axuda ás comunidades cristianas máis pobres económicamente e materialmente, pero ricas en espiritualidade, fraternidade e alegría de coñecer o Evanxeo de Cristo.

Invítovos a preparar e celebrar esta nova campaña do Domund nas nosas parroquias, colexios, comunidades relixiosas e institucións. Non podemos perder a gran ensencia e riqueza da Igrexa: a evanxelización e o traballo dos misioneiros. Enviamos algúns materiais, e por suposto non dudedes en pedir máis á Delegación se fose preciso. Tamén na páxina web de OMP podedes atopar todos estes materiais e moitos máis (publicidade, carteis, formación, vídeos, mensaxe do Papa…) dos que podedes dispoñer sin problema por medio de descarga, impresión, etc.

É a primeira vez que celebro o Domund como delegado de Misións, sei que na diocese hai grupos e movementos relacionados cas misións nas parroquias, colexios e comunidades relixiosas. Penso que sería importante poder reunirnos na sede da Delegación de Misións e coñecernos, mostrar a labor que se realiza, e poder traballar e cordinarnos xuntos, incluso presentar as necesidades e axudas que se precisan.

Quedando á vosa enteira disposición, e desexando unha moi fructuosa celebración do domingo mundial das Misións recibide unha forte aperta.

Gonzalo Otero Martínez

Director diocesano de OMP. Delegado diocesano de Misións.

VER PROGRAMACIÓN

Subir a inicio