Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


O “CORO DE CÁMARA RIAS BAIXAS” ABRE O CICLO DE “MÚSICA SACRA NA SOIDADE”


O vindeiro venres día 9 de marzo, unha vez terminada a celebración eucarística das 19 horas, o “Coro de Cámara Rías Baixas”, que dirixe Bruno Díaz, abrirá o ciclo de música sacra, que na coresma e proximidade da semana santa organiza a parroquia viguesa da Soidade (O Castro). O concerto inicial do ciclo ofrece o Requiem en re menor de Gabriel Fauré, que foi interpretada por primeira vez a comezos de 1888, nuns servizos fúnebres, na Igrexa da Madeleine de París, que para algúns vigueses ten a súa réplica no noso templo da Soidade. Na historia da música esta misa é considerada como unha das máis fermosas misas de réquiem, na que Fauré pretendeu facer desaparecer o apocalíptico horror da ira de Deus, introducindo pola contra unha serena e definitiva visión da salvación divina no ceo. Acompañará ao coro como organista Alejo Amoedo.

O sábado día 17 de marzo, tamén ás 19,45 horas, o micro-concerto estará a cargo do Coro de Voces Graves de Vigo, que este ano homenaxean no centenario da súa morte a Felipe Paz Carvajal, e de quen interpretará un Miserere. Nesta ocasión o coro estará dirixido por Alberto Abal.

O mércores 21 e o xoves 22 de marzo, sempre á mesma hora, os concertos estarán a cargo, respectivamente, da Coral Ureca e do Coro Clásico de Vigo.

Subir a inicio