Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


O Novo Plan Pastoral Diocesano

O acompañamento pastoral dos nosos xóvenes.

Nos pasados días 28, 29 e 30 de xuño temos celebrado as Xornadas de Programación Pastoral para o próximo curso 2017-2018. O obxectivo deste encontro, que vimos celebrando cada ano para preparar o novo curso pastoral, centrouse en revisar o noso traballo pastoral cos xóvenes e en propor accións concretas para o seu acompañamento eclesial.

O próximo ano celebrarase a XV Asemblea Xeral do Sínodo dos Bispos sobre o tema: “Os xóvenes, a fe, e o discernimento vocacional”. Unha parte importante desta celebración é a escoita de todo o Pobo de Deus, en especial dos xóvenes. A Secretaría do Sínodo deu inicio a esta fase de consulta coa publicación dun Documento Preparatorio, dirixido a diferentes organismos eclesiais, que remata cun cuestionario. Ademáis está prevista una consulta de tódolos xóvenes sobre as súas expectativas e a súa vida.

Como vedes, a Igrexa decidiu interrogarse sobre como acompañar neste tempo aos xóvenes para que recoñezan e acollan a chamada de Deus ao amor e a á vida, así como pedirlles a estes xóvenes que nos axuden a discernir os camiños máis adecuados hoxe para anunciar a Boa Nova do Evanxeo.

O noso Novo Plan Pastoral quere invitar a todos os diocesanos, Pastores e fieis, a percorrer activamente con toda a Igrexa este necesario camiño para a renovación eclesial. Pídovos que o fagades con ledicia e convicción.

Con todo o meu afecto,

Luís Quinteiro Fiuza

Bispo de Tui-Vigo


Subir a inicio