Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


AS VOCACIÓNS SACERDOTAIS

A Congregación para o Clero acaba de publicar no pasado mes de decembro a nova “Ratio fundamentalis institutionis sacerdotalis”. Rógovos que a leades e a estudiedes co maior interés porque é un documento excepcional que está chamado a ter unha influencia decisiva no futuro da Igrexa.

A nova Ratio propón para toda a Igrexa o iter da formación sacerdotal dende os comezos da vocación ao sacerdocio ata a consumación da vida do presbítero na súa configuración plena con Cristo.

A vocación ao sacerdocio ministerial insértase no ámbito máis amplo da vocación cristiá bautismal. A misión da Igrexa consiste en coidar o nacemento, o discernimento e o acompañamento das vocacións, en especial das vocacións ao sacerdocio.

Na nosa Diocese é necesario adicar unha maior atención ás vocacións á vida consagrada e ao sacerdocio, así como soster con todo empeño as iniciativas que permiten acoller o don divino de novas vocacións. Algúns momentos do ano litúrxico favorecen este fin. A cercana festa de San Xosé, Día do Seminario, é un deles. Convídote a vivilo intensamente cos fieis das túas parroquias e comunidades.

Luis Quinteiro Fiuza

Bispo de Tui-Vigo


Subir a inicio