Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


Ás parroquias, comunidades relixiosas, movementos e asociacións

Estimados no Señor, un saúdo afectuoso e fraternal.

Desde o seu inicio en 2015, a nosa Diocese sumouse á iniciativa do Papa Francisco “24 horas para o Señor”.

Logo da gozosa experiencia do pasado ano, queremos convocarvos de novo a esta proposta de oración e penitencia. Terá lugar na Igrexa Concatedral de Vigo desde as 12h do venres 24 de marzo ata as 12h do sábado 25 de marzo.

Organizouse de forma que poidan estar presentes movementos, asociacións laicais, consagrados/as e algunhas parroquias.

A Xornada comezará coa Misa de Apertura. Ao final da mesma quedará exposto o Santísimo ata a Misa de Clausura, presidida -como a de inicio- polo Sr. Bispo.

A Concatedral permanecerá aberta as 24 horas, animada polas distintas quendas. En cada hora haberá un grupo responsable da oración, que está aberta a todos os que desexen participar. Así visualizamos e manifestamos a pluralidade de carismas existentes na nosa igrexa diocesana.

Se algunha parroquia quere incorporarse a algunha hora, pódese integrar co grupo correspondente ou solicitar algunha hora que estea baleira.

Tamén invitamos aos sacerdotes a que, na medida do posible, participen garantindo a presenza no confesionario para as persoas que desexen recibir o sacramento da Reconciliación.

Para calquera consulta podedes contactar nos teléfonos 609.472.591 / 662.170.494 ou por correo electrónico:

info@afranqueira.org             

ou

vicariopastoral@diocesetuivigo.org

Grazas a todos por facer posible estas horas de encontro co Señor e coa comunidade.

 

 

 

 

José Vidal Novoa

Vigairo de Pastoral

24 horas para o Señor“

24-25 de marzo de 2017

Pinchar para maior información


vicariopastoral@diocesetuivigo.org * tlfno: 662170494

Subir a inicio