Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


PALABRAS DO BISPO PARA ESTE MES

(Febreiro 2017)

UNIDOS NA FE

Con frecuencia nos desalentamos cando constatamos que o outro non pensa coma nós, e sufrimos dolorosamente a incapacidade de convencer aos demais dos nosos puntos de vista. A experiencia desta decepción pódenos levar a renunciar a construir xuntos un proxecto de vida que se fundamente na comuñón do diverso

A unidade da fe non se realiza na homoxeneidade senón na comuñón do diverso. Dende os seus mesmos comezos, a Irexa aprendeu, a veces con sufrimento, a confesar unha mesma fe vivida na diversidade.

A recente celebración do Octavario de oración pola unión dos cristiáns pon ante nós a urxente necesidade da unidade dos discípulos de Cristo. As palabras de Xesús: “Para que todos sexan un. Como ti, Pai, estás en min e eu en ti, que tamén eles estean en nós, para que o mundo crea que ti me enviaches” (Xn 17,13), sitúannos ante o escándalo das nosas divisións que rompen a comuñón.

Pidamos ao Señor que renunciemos ás nosas divisións para poder vivir a fermosa unidade da fe na comuñón.

Bispo de Tui-Vigo


Subir a inicio