Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


Concerto a beneficio de Cáritas de Tui - Vigo

O venres 17 de febreiro o Teatro Afundación acollerá ás 20:30 h. a 2ª Sinfonía de Gustav Mahler, “Resurrección”. Este programa, reúne en escena a 250 intérpretes, constituíndo un fito excepcional na vida musical de Vigo. A súa realización foi posible, grazas á colaboración do Conservatorio Superior de Música de Vigo con institucións musicais do outro lado do Miño; unha colaboración que comezou xa no curso pasado, e que nesta ocasión quere ter ademais unha dimensión solidaria e humanitaria xa que o Concerto é a beneficio de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.

A ponte entre Beethoven e Mahler, déixase notar no alento á vez humanista e relixioso, ecuménico na súa grandiosidade, que inspira esta sinfonía. Quizais haxa poucas músicas que sexan máis propicias para un fin solidario e humano, como ao que vai destinado o beneficio deste concerto. Unha Segunda Sinfonía de Mahler, posta en escena de maneira altruísta e xenerosa, por todos os que a fan posible.

-Orquestra Sinfónica da Universidade do Minho.

-Coro do Conservatorio Superior de Música de Vigo

-Coro da Licenciatura de Música da Universidade do Minho.

-Coro Sinfónico Inés de Castro, de Coimbra.

Director: Claude Villaret


Compra de entradas nas taquillas do Teatro Afundación ( Policarpo Sanz ,13Onde estamos? Teléfono 986 447 369) ou tamén, na súa web


Ver cartel

 

Subir a inicio