Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


AMOR A XESÚS E AMOR AOS POBRES

“Xudas Iscariote, un dos seus discípulos, o que o iba entregar, di: Por que non se vendeu este perfume por trescentos denarios para darllos aos pobres? (Xn, 12, 4-5).

Seis días antes da Pascua, foi Xesús a Betania, a casa de Lázaro e das súas irmás Marta e María. Alí ofrecéronlle una cea, e María unxiu os pés de Xesús cunha libra de perfume. Isto provoca a airada reacción de Xudas.

Contrapoñer o cariño por Xesús e o compromiso cos pobres: isto é o que fai xudas de modo perverso. E lamentablemente, iso ten sido y segue sendo así moitas veces. Como se o afecto pola persoa de Xesús estivese contraposto co compromiso cos pobres, ou como se este supuxera menos radicalidade na relación persoal co Señor. Acentuar esta contraposición é traizoar o núcleo mesmo do Evanxeo.

Vivir o Evanxeo é amar ao Señor e, por elo, amar aos pobres, os amigos do Señor.

Convídovos a meditar serenamente nestes días do noso camiño cara a Pascua nestas dúas dimensións esenciais da nosa vocación: amor ao Señor e amor a os pobres.

Luis Quinteiro Fiuza

Bispo de Tui-Vigo


Subir a inicio