Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


 

 

 

   DELEGACIÓN DE

PASTORAL FAMILIAR

Vigo, 6 de marzo de 2019.

Queridos irmáns no Señor:

O próximo día 25 de marzo, coincidindo coa solemnidade da Anunciación do Señor, a Igrexa celebra a Xornada pola Vida. Baixo o lema “O AMOR cuida a vida” lémbrasenos que Deus é amor e nós, como cristiáns, estamos chamados a manifestar ese amor. A Igrexa ó recibir esta misión é ben consciente de que o amor se debe poñer máis nas obras que nas palabras.

Desde a Delegación de Pastoral Familiar organizamos os seguintes actos para celebrar esta jornada.

- O xoves 21 de marzo, ás 20 horas: Mesa redonda sobre o lema da Xornada, que celebraremos nos salóns da parroquia Corazón de María, r/ Honduras, 7 de Vigo

O tema da Mesa Redonda alude ao tema "O AMOR coida a vida" e trata de reflectir testemuños de como o amor leva a coidar a vida como nai de familia, como matrimonio que acolle e ofrece o seu amor a uns nenos, como afrontar un embarazo de risco e como atender con amor a alguén nos anos difíciles da vellez e a enfermidade. Para iso contaremos cos testemuños de Patricia López, nai de familia; Michele Piazzi e Mercedes Giráldez, pais adoptantes; *Ángela Rosa Romeu, nai e coa Directora dunha entidade de atención a maiores.

- O luns 25 de marzo ás 20:30 horas: Celebración diocesana da Xornada presidida por D. Luis Quinteiro, bispo da nosa diocese, na citada parroquia.

Invitámosvos a participar, difundir e celebrar esta xornada na que, como María, acollamos a vida con asombro, recoñecendo a dignidade de cada persoa amada de modo infinito e incondicional por Deus e cuidando especialmente aos que posúen unha vida máis vulnerable, débil ou marxinada

Recibide un saúdo.

José Manuel e Rosa                                                                                    Santiago Vera

660 166 957     646 193 310                                                                       659 113 227

 

rcameselle@hotmail.com                                                                      santiveg@hotmail.com


Subir a inicio