Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


febreiro 2019

Querido amigo sacerdote:

Unha das liñas de acción do presente Plan Pastoral Diocesano é: constituír o Consello Diocesano de Pastoral cos estatutos actualizados.

O 17 de decembro de 2018 o sr. Bispo aprobaba, despois dunha estudada revisión, os novos Estatutos do Consello de Pastoral.

Chega agora o momento de constituír o Consello; por este motivo póñome en contacto contigo, para pedir a túa colaboración na elección dos representantes segrares dos arciprestados.

Cada arciprestado contará cun representante segrar no Consello Diocesano de Pastoral. Para a súa elección procederase segundo os seguintes pasos:

1. En cada parroquia, ou alomenos no grupo de parroquias ás que serves, debe elixirse un/unha representante segrar, que se denominará “compromisario/a”. Se está constituído o Consello de Pastoral Parroquial ou Comisión equivalente, serán os membros deste Consello quen voten á persoa que os ha representar. Se non hai Consello de Pastoral, convén que fagan esa elección as persoas que máis directamente colaboran nas distintas actividades da parroquia.

2. Comunicarase a esta Vigairía –dentro do mes de marzo– o nome do “compromisario/a”, así como algún dato que permita contactar con el/ela: enderezo postal, teléfono ou correo electrónico.

Vigairía de Pastoral:

vicariopastoral@diocesetuivigo.org

662 170 494

Dr. Corbal, 90. (36207. Vigo).

3. Os “compromisarios/as” serán convocados persoalmente para elixir ao representante segrar do arciprestado ante o Consello Diocesano de Pastoral.

Para lograr un Consello representativo da realidade e da vida diocesana, débese fomentar, no proceso electivo, a participación efectiva dos segrares máis comprometidos nas tarefas parroquiais, particularmente os que forman parte dos Consellos de Pastoral Parroquial

Agradecendo por adiantado a colaboración de todos, un cordial saúdo.

 

 

 

 

José Vidal Novoa

Vigairo de Pastoral


Notas:

1. Os Relixiosos/as e os membros de Institutos seculares elixirán aos seus propios representantes, polo que non entran neste apartado aínda que colaboren na parroquia.

2. Aínda que un sacerdote atenda parroquias de varios arciprestados, os compromisarios segrares participarán na elección dentro do arciprestado ao que pertence a parroquia.

Subir a inicio