Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


Vigo a 4 de marzo de 2019

Estimado amigo:

Un ano máis, e xa van cinco, o Papa Francisco convócanos a participar na xornada de oración e penitencia “24 horas para o Señor”, que nesta ocasión ten por lema: “Tampouco eu te condeno (Xn 8, 11).

Como igrexa diocesana queremos sumarnos a esta invitación que nos fai o Papa e que nestas circunstancias reviste un carácter especial. Por unha banda é un momento propicio para manifestar a nosa comuñón co Romano Pontífice e rezar por el e polas súas intencións nunha hora tan complexa. Por outra, é tempo oportuno para pedir perdón polas nosas faltas e pecados, polos nosos silencios e omisións, que en ocasións acaban por causar un grave escándalo, danan a credibilidade da Igrexa e comprometen a súa misión evanxelizadora.

Este ano celebraremos as “24 horas para o Señor” na parroquia de Santiago o Maior de Vigo, desde as 12 horas do venres 29 de marzo ata as 12 horas do sábado 30 de marzo.

A Xornada comezará coa Misa de Apertura. Ao final da mesma quedará exposto o Santísimo ata a Misa de Clausura; ambas presididas polo Sr. Bispo.

A igrexa permanecerá aberta as 24 horas, animada polas distintas quendas. En cada hora haberá un grupo responsable da oración, e o acceso será libre para todos os que desexen participar. Así visualizamos e manifestamos a pluralidade de carismas existentes na nosa igrexa diocesana.

Organizouse de forma que poidan estar presentes movementos, asociacións laicais e consagrados/as. Desexariamos unha participación máis activa das parroquias. Poderíase canalizar ou ben asumindo unha quenda de vela ou ben animando e acompañando aos membros das nosas comunidades a facer unha quenda de oración ante o Señor. É importante alentar esta participación de todos os fieis a nós encomendados.

Invitamos tamén aos sacerdotes a que participen garantindo a presenza no confesonario para as persoas que desexen recibir o sacramento da Reconciliación.

Para calquera consulta podedes contactar nos teléfonos 609.472.591 / 662.170.494 ou por correo electrónico:

info@afranqueira.org ou vicariopastoral@diocesetuivigo.org

Graciñas por facer posible estas horas de encontro co Señor e coa comunidade.

 

 

 

 

José Vidal Novoa

Vigairo de Pastoral


Subir a inicio