Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


Festas de Santo Antonio da Florida

A Parroquia viguesa de Santo Antonio da Florida (r/ Fotógrafo Xosé Gil, 4) celebra ao seu patrón o próximo xoves 13 de xuño, e tanto fregueses coma devotos están convidados a participar do Rosario e Novena que se desenvolverá do 4 ao 12 de xuño en dous turnos: 9:30h e 19:30h.

Os días 10, 11 e 12 de xuño terá lugar o Triduo Solemne ás 20:00h., predicado este ano por D. Daniel Goberna, párroco de Mougás, Viladesuso, Pedornes e Oia, e agora tamén Cóengo Prefecto de Música da Catedral de Tui.

O mércores 5 de xuño celebrarase unha Eucaristía por tódolos defuntos da parroquia e devotos de santo ás 20:00h.

E xa no Día de Santo Antonio, a festa grande do Doutor da Igrexa será celebrada con Misas pola mañá (ás 8, 9, 10, 11 e 12h) e pola tarde (ás 18 e 19h); a Eucaristía Solemne e a procesión desenvolveranse ás 20:00h. Despois de cada Misa, se repartirán os tradicionais panciños e flores. Ademais, durante todo o día poderase visitar a exposición solidaria da ONG INTI.


Subir a inicio