Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


VER CARTEL

ENCONTRO SACERDOTAL ORGANIZADO POR PORTA DO CAMIÑO

A Asociación Porta do Camiño organiza un Encontro Sacerdotal na Casa de Convivencias de Montecelo (San Pantaleón das Viñas, Paderne – A Coruña) os próximos 19 e 20 de febreiro.

Trátase de facer un alto na atarefada tarefa sacerdotal para repoñer forzas, estreitar lazos de fraternidade entre compañeiros e expor os novos retos da pastoral evanxelizadora dun modo positivo e distendido.

Como proposta de diálogo e reflexión, elixiuse esta vez “a nova relixiosidade”. O encargado de moderar este diálogo e achegar algunha luz, dada a súa experiencia na análise destas cuestións, é o sacerdote zamorano Don Luís Santamaría, recoñecido experto en sectas e que foi bastante tempo Director de Comunicación da diocese de Zamora.

Na sociedade actual conviven novas e peculiares formas de relixiosidade xunto a vivencias xenuinamente católicas de espiritualidade que enriquecen a Igrexa. Entón: Como distinguir unha secta dunha relixión? Onde se atopa o verdadeiro Espírito? A relixión mal vivida pode resultar perigosa? Que é realmente a New Age? Cal é o maior desafío pastoral ao que nos conduce a presenza das novas relixiosidades?

Un agradable enclave natural xunto á Ría do Mandeo; un encontro entre irmáns de ministerio; un tema interesante para o cultivo da mente e o espírito evanxelizador… Motivos máis que suficientes para facer da Xornada Sacerdotal de Montecelo unha atractiva proposta para os presbíteros.

Texto traducido


Subir a inicio