Elige gallego

Página de inicio Inicio

Área restringida Área restringida

Correo electrónico

RSS

Ver toda la agenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicaciones. Noticias breves


FOLERPAS DE ESPERANZA NA CARITAS INTERPARROQUIAL (*)

1.- No tempo de Nadal, o grupo da Caritas Interparroquial (*) e máis os nen@s e catequistas das nosas sete parroquias, fomos visitando e lévandolle o Neno Xesús, xunto con un peqeuno agasallo e o canto de panxoliñas, aos maiores e enfermos que non podían vir á igrexa. Unha folerpiña de esperanza neste noso mundo enengrecido polo lume, que supuxo que ao redor de cen maiores, coas súas respectivas familias ( fill@s, net@s... ) nos abriran as portas das súas casas para, simplemnemnte, gozar do sorriso desde a presenza de Deus na sinxeleza dunha imaxe do Neno.

(*) Cáritas interparroquial de Taboexa, Meder, San Mateu, Lira, Fontenla, Leirado e Soutolobre

2.- A segunda folerpiña está a chegar: o "festival solidario" para axudar ás vítimas dos lumes na nosa bisbarra. Diversos grupos que teñen a música como momento de dárlle creatividade ao seu tempo de lecer, dixeron si á nosa invitación a participar. Será o día 20 de xaneiro, no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, ás 8 da tarde.(no cartel hai mais datos) . Colabora na súa organización o Concello de Ponteareas, que pon ao noso dispor, de balde, o auditorio; organiza a Cáritas Interparroquial das nosas Sete parroquias e o grupo de moz@s da parroquia de Taboexa.

Lingua do autor


Subir a inicio