Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a agenda [+]

BISPO. Nota

DECRETO

NOTA DE LA SECRETARÍA DE LA PROVINCIA ECLESIÁSTICA DE SANTIAGO

 

Cambio nas pregarias eucarísticas en lingua galega

O pasado día, 3 de marzo de 2017, os Bispos de Galicia tiveron coñecemento da aprobación pola Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos da fórmula “por moitos” para a consagración do viño, substituíndo a expresión “por tódolos homes”, nas pregarias eucarísticas (anáforas) en lingua galega. A comunicación do Cardeal Prefecto leva data do día 3 de marzo (Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos, Prot. N. 54/17).

Tendo en conta que para que sexa obrigatorio o cambio convén que cada Bispo o promulgue publicamente na súa Diocese, con tempo oportuno para que todos póidanse decatar, os Bispos das Dioceses con sede en Galicia creron oportuno que sexa o vindeiro domingo 18 de xuño de 2017, Solemnidade do Corpus Christi, a data para que entre en vigor de forma conxunta este cambio nas anáforas en lingua galega. Así será establecido nos correspondentes Decretos de cada Bispo para a súa Diocese.

Esperamos que todos os fieis , e os sacerdotes de forma moi especial, amen a celebración eucarística e prepárena e celebren con devoción e esplendor, para que a Eucaristía sexa para todos o alimento da fe, xa que é a fonte e o cume da vida e da misión da Igrexa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

José Andrés Fernández Farto

Secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago

Este texto foi traducido