Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a agenda [+]

BISPO EMÉRITO. Biografía

Bispo emérito

D. José Diéguez Reboredo

Don José Diéguez Reboredo naceu en San Miguel de Enquerentes, Arquidiocese de Santiago de Compostela, Provincia de A Coruña, o 25 de abril de 1934, membro dunha familia numerosa.

A idade temperá, ingresou no Seminario Menor de Santiago de Compostela. Terminados os seus estudos neste, pasou ao Seminario Maior, sendo ordenado Presbítero polo Cardeal Quiroga Palacios o 13 de agosto de 1961.

Posteriormente perfeccionou os seus estudos eclesiásticos en Salamanca, e máis tarde licenciouse en Ciencias Exactas na Universidade Compostelá. Foi Coadxutor (Vigairo Parroquial) da Parroquia coruñesa de San Xosé, pasando máis tarde ao Seminario Menor, onde desempeñou o cargo de Director Espiritual e, posteriormente, Profesor de Matemáticas.

Mons. Suquía, Arcebispo de Santiago, nomeouno Pro-Vigairo Xeral; e no 1983, Cóengo da Basílica Metropolitana.

O día 1 de setembro de 1984 foi nomeado Bispo de Osma Soria, sendo consagrado en Burgo de Osma o 28 de outubro do mesmo ano.

O 14 de maio de 1987 fíxose público o seu nomeamento como Bispo de Ourense, tomando posesión solemne o 27 de xuño seguinte.

Con data 7 de xuño de 1996 o Beato Xoán Paulo II nomeouno Bispo de Tui Vigo, Sede que estaba vacante por ter aceptado o Romano Pontífice a renuncia presentada por Mons. José Cerviño Cerviño ao haber acadado a idade canónica.

Mons. Diéguez Reboredo tomou posesión da Diocese de Tui Vigo na Catedral de Tui, o domingo 14 de xullo de 1996; e fixo a súa entrada na Concatedral e presentación na cidade de Vigo o venres seguinte, 19 de xullo.

Bispo Emérito de Tui-Vigo, 28 de xaneiro 2010.